CATEGORÍA: Administración y Gestión

A XESTIÓN DA RSE COMO ESTRATEXIA EMPRESARIAL.40 HORAS

Acceso al curso:Ilimitado
Resumen del curso

Coa presente acción formativa, pretendemos dotar ás empresas dunha ferramenta estratéxica en materia de Responsabilidade Social Empresarial (RSE) que lles permita coñecer e aproveitar as súas vantaxes competitivas.

Para elo, achegaremos aos asistentes dende un punto de vista teórico, entre outras cuestións:

  • Ás distintas dimensións do concepto de RSE.
  • As vantaxes e mecanismos para a súa implantación.
  • A definición dos grupos de interese.
  • A identificación das distintas actuacións en función dos grupos de interese.
  • Ao establecemento de memorias de sustentabilidade ou memorias de RSE.

Este marco teórico, completarase co coñecemento e a aplicación práctica do programa informático Xunta PRO- RSE, co fin de que as empresas participantes nesta acción formativa, ademais de dotarse dunha certificación de Arestora Formación S.L. como entidade impartidora, se doten dunha memoria de RSE en base aos criterios definidos por GLOBAL REPORTING INITIATIVE (GRI).